Eixo vertebrador do proxecto, é o itinerario de funcións de teatro e danza que percorrerá os 4 territorios.
Neste 2020 son 8 os espectáculos de teatro e danza que conforman a selección do noso itinerario, nunha programación de corte xeneralista na que prima a diversidade de linguaxes, estéticas e tipos de público. Unha pequena selección do mellor das artes escénicas galegas, asturianas, cántabras e vascas.
Sendo un dos alicerces do programa a diversidade en formatos, estéticas e linguaxes, o censo de espazos é tamén diverso en tipoloxías. O mesmo conta con espazos outdoor/históricos/singulares para os espectáculos adaptables e sen grandes necesidades técnicas, pero Camiño Escena Norte necesita tamén teatros, auditorios e outros espazos escénicos perfectamente equipados para a programación de espectáculos de gran formato e á italiana.