‘Tierra de sombras’ é unha proposta performativa que explora a relación entre estados mentais, historicamente considerados enfermidades, e a creación artística.
Inspirada en historias reais, recolle as vivencias de artistas con loitas psíquicas que alimentaron a súa obra ou, noutros casos, deixaron feridas profundas marcadas por prácticas psiquiátricas invasivas. A peza conecta as traxectorias de Marilyn Monroe, Leonora Carrington, Frances Farmer, Rosemary Kennedy e Leopoldo María Panero.
A través de música, danza, poesía e imaxes simbólicas, evócanse as obras e as vidas destes personaxes e os estados emocionais que os atravesaron. A música, creada ex profeso para esta peza, envolve a acción e a palabra mentres a escena, viva e cambiante, reflicte distintos estados emocionais adaptándose aos diversos espazos de representación.
Tras anos de investigación sobre a arte do actor, fundamos o primeiro laboratorio escénico estable en Cantabria, desenvolvendo unha liña baseada na antropoloxía teatral e o adestramento actoral como identidade.
Os nosos espectáculos exploran novas linguaxes escénicas que, partindo da tradición, dialogan co presente. Creamos propostas que converten o feito teatral nunha experiencia única entre creador e espectador.
Este traballo foi recoñecido en certames nacionais e internacionais, destacando ‘Beatus’, estreado por invitación da Embaixada de España en Roma. Entre os galardóns recibi- dos figuran o Premio Certame de Novos Investigadores Teatrais (Sevilla, 2012) e o terceiro premio xunto co premio á Mellor Dirección no Festival Internacional Ciudad de Trujillo (2014).
Tipo: Teatro
Público: Adulto
Duración: 60’
Idioma: Castelán
Estrea: 16 de xuño de 2025. Santander Escénica, Paraninfo da UIMP, Santander – Cantabria