A batería de actividades para público xeral e dirixida á relación cos públicos son espazos e lugares nos que compartir, aprender e crear lazos entre creadores e creadoras, compañías en xira e os públicos.
ENCONTROS CO PÚBLICO
Son debates e encontros posteriores ás funcións, coa compañía e mediados/acompañados por profesionais doutras compañías do territorio.
As posfuncións estarán protagonizadas por reunións de debate e intercambio ao rematar a función, organizadas para ter lugar desde o propio espazo escénico.
Estes encontros servirán para coñecer máis en detalle o traballo da montaxe que o público acaba de ver, falar coa reparto e, nalgunhas ocasións, co director/a e completar a experiencia inmersiva cunha velada completa, máis aló de ser simple espectador pasivo dunha peza escénica.
Os encontros servirán tamén para interconectar compañías de distintos territorios con linguaxes e liñas artísticas similares, pois serán estas compañías “acolledoras” as que mediarán coa compañía “peregrina” durante o encontro, dinamizando o debate, enfocando as preguntas, etc.
Consulta a información sobre estes encontros despois das funcións do itinerario no noso calendario.
COLOQUIOS EN LIÑA
A programación en liña da presente edición constará de 5 coloquios na semana do 5 ao 9 de setembro ás 20:00 h (por medio das nosas RRSS), nos que coñeceremos ás 15 compañías que xirarán dentro das Itinerario Constelacións, as características dos espectáculos que presentan e o seu percorrido dentro da programación.
Luns 5 de setembro: Compañías PISTACATRO, MARTA ALONSO TEJADA e FRAN SIEIRA COMPAÑÍA DE DANZA (GALICIA)
Martes 6 de setembro: Compañías ZIG ZAG DANZA, EL CALLEJÓN DEL GATO e FANTASTIQUE COMPANY (ASTURIAS)
Mércores 7 de setembro: Compañías A MACHINA TEATRO, RUIDO INTERNO e ESCENA MIRIÑAQUE (CANTABRIA)
Xoves 8 de setembro: Compañías VAIVÉN PRODUCIONES, TEATRO PARAÍSO e ERRE PRODUKZIOAK (EUSKADI)
Venres 9 de setembro: Compañías LA BANDA TEATRO CIRCO, YARLEKU TEATRO e LA CAJA FLOTANTE (NAVARRA)
ESADS EN CAMIÑO
Un novo proxecto de colaboración e de intercambio profesional e educativo entre Camiño Escena Norte e as escolas superiores ESAD de Galicia, ESAD de Asturias e ESADD de Euskadi-Dantzerti. En 3 das funcións do noso itinerario (Xixón o 18 de setembro, e Bilbao + Santiago de Compostela o 9 de outubro) poñeremos en contacto a alumnado dos ensinos artísticos coas compañías profesionais en xira con encontros, accións compartidas, visitas e talleres, co obxectivo de tender pontes entre o campo educativo e acción escénica profesional.
Información sobre as actividades enfocadas ao alumnado das escolas superiores aquí.