Mirando as constelacións
A través de www.escenanorte.com e dun traballo de difusión por medio das RRSS do proxecto. nesta 5ª edición realizamos un “mapeo” das 60 sedes nas que haberá actividades de Camiño Escena Norte. Queremos centrar a atención na importancia destes espazos, escénicos ou non, a nivel local, como espazos de encontro, socialización e intrahistoria das localidades, alén do seu valor patrimonial ou arquitectónico. Alén das sedes que xa son de tipo patrimonial (capelas, prazas…) trátase tamén de poñer o foco nos teatros das pequenas localidades (por enriba de todo) e o seu interese e relevancia a todos os niveis.
Con este “mirar as constelacións” queremos dimensionar o itinerario de funcións e outras actividades pola tipoloxía diversa de espazos que nos acompañan, dándolle aos públicos información de todas estas “constelacións” que conforman o proxecto.