Camiño Escena Norte
Proxecto de intercambio cultural por medio das artes escénicas entre Galicia, Asturias, Cantabria, Euskadi e Navarra.
Ciclo Constelacións
Eixo vertebrador do proxecto Camiño Escena Norte, é o itinerario de funcións de artes escénicas que percorrerá case 60 sedes nas 5 Comunidades que conforman o territorio cultural común creado: Galicia, Principado de Asturias, Cantabria, Euskadi e a Comunidade Foral de Navarra.
Neste 2024 son 15 os espectáculos en xira que conforman a selección do noso itinerario, nunha programación de corte xeneralista na que prima a diversidade de linguaxes, estéticas e tipos de público. Unha pequena selección do mellor das artes escénicas galegas, asturianas, cántabras, vascas e navarras. Máis funcións que nunca na programación desta 6ª edición.
IBUPROFENO TEATRO
Deadpan Karaoke
PÍSCORE-CULTURACTIVA
Molto Barroco
COLECTIVO GLOVO
Tabú
LA WESTIA PRODUCCIONES
Ada Byron: La tejedora de números
ADRIÁN CONDE ESPECTÁCULOS
Check Out
TEATRO PLUS
Geometría del alma
HILO PRODUCCIONES
Anónimo. La vida de Lazarillo de Tormes y de sus fortunas y adversidades
RUTH GARRETA-EL CONEJO SALVAJE
La casa de los dedos
TRUEBA & TRUEBA PRODUCCIONES
Un camino valiente
PRODUCCIÓN Y GESTIÓN ARTÍSTICA K
El nadador de aguas abiertas
CÍA PANTA RHEI
La osa estelar
MARIE DE JONGH
Mr. Bo
YARLEKU-EL PUNTO GUNEA
By ò Bu. Aproximación al no existir
PÁJAROS PINTADOS CREACIÓN TEATRAL
El jardín de Olivia
ESTEFANÍA DE PAZ ASÍN
Olvido Flores
Camiño Expandido
A programación expandida de Camiño Escena Norte abarca toda a actividade fora do itinerario de funcións como eixo vertebrador, rodéao e complementa multiplicando os seus efectos a nivel de relación cos públicos, encontro, mediación, dinamización profesional e sectorial. Está dividida en dous grandes bloques de actividades ou liñas de acción, as actividades para público profesional e de dinamización profesional por unha banda, e por outro as de relación cos públicos.
Promueve | Promove | Sustatzaileak
Patrocina | Babesleak