Quen somos

Con 24 anos de vida ESCENA GALEGA é a asociación de referencia do sector profesional en Galicia, actualmente con 57 compañías asociadas. Somos un colectivo comprometido coa defensa da lingua e a cultura como ben común, que traballa na interlocución coas institucións e cos distintos axentes implicados na modernización do sector das artes escénicas e que busca conexións estratéxicas con asociacións afíns doutros territorios.

A Asociación de Compañías Profesionais de Artes Escénicas de Asturias (ESCENASTURIAS) constitúese no ano 2018 tras a unión das dúas asociacións de empresas de artes escénicas da rexión (FOROESCENA e ACPTA) Integrada actualmente por 35 compañías vinculadas profesionalmente ao mundo do espectáculo, ten o propósito de promover as artes escénicas que se fan en Asturias e contribuír á súa proxección a nivel nacional e internacional.

A Asociación é unha entidade que engloba a 24 empresas creada co obxectivo de reunir produtoras de teatro, danza, circo e maxia de Cantabria. Ha de servir como órgano de coordinación, representación, xestión, fomento e defensa dos intereses xerais dos seus membros. Entendemos a Asociación como unha necesidade para abordar o ordeamento e vertebración do noso sector e conseguir o recoñecemento e a dignificación do noso oficio.

A asociación ESKENA creouse en 1995 co obxectivo de dar voz, espazo e oportunidades ás diferentes empresas do mundo teatral vasco. Na actualidade está formada por 29 produtoras. Somos unha asociación que traballa para a mellora da comunicación, a estabilidade e o desenvolvemento das empresas do sector na nosa comunidade. Levamos máis de 30 anos sendo unha referencia consolidada como promotora e interlocutora das artes escénicas en Euskadi.
Desde 2011 Eskena encárgase de xestionar o Centro de Innovación Escénica Harrobia sito en Bilbao.

A Asociación Empresarial Escena Navarra, ESNA, é unha asociación profesional de empresas de produción escénica que traballan na Comunidade Foral de Navarra. Actualmente, ESNA componse de 8 empresas asociadas, todas elas cunha longa traxectoria na produción de espectáculos teatrais e de maxia, na asistencia técnica de espectáculos ao vivo, así como no desenvolvemento de diversos tipos de proxectos culturais e artísticos. Á súa vez, ESNA é unha das 15 organizacións que compoñen á Federación Estatal de Asociacións de Empresas de Teatro e Danza, FAETEDA, sendo na actualidade o único membro en representación do territorio navarro.

AESCENA é unha comunidade profesional de artes escénicas da Rioxa, diversa en linguaxes, formatos e traxectorias, unida polo compromiso coa creación artística e o desenvolvemento do sector. Creamos, investigamos, producimos, formamos e compartimos proxectos escénicos que dialogan co noso territorio e se proxectan máis aló del, desde o local cara a ámbitos nacionais e internacionais. Apostamos polas artes escénicas como un espazo de encontro, innovación e transformación social, promovendo a inclusión, a diversidade, a colaboración, a sustentabilidade e o respecto cara a todas as miradas que conforman a nosa comunidade.
O equipo do proxecto
- Coordinación: Nerea Soto.
- Xestión: Amaia Ibáñez.
- Produción Asturias: Patricia Baragaño, UEvents.
- Produción Galicia: CUNDE, Servicios de Producción.
- Produción Navarra: Global Servicios Culturales.
- Produción Cantabria: Begoña García.
- Produción Euskadi: Idoia Ayestarán.
- Produción A Rioxa: Fernando Moreno.
- Gabinete de comunicación:
Lucía Pita-The Office Comunicación (Galicia).
Marta Barbón-MB Comunicación (Asturias).
Felisa Palacio (Cantabria).
Gontzal Saénz-ieR – Información en Red (Euskadi).
Alberto Laiglesia – Global Servicios Culturales (Navarra).
Rebeca Ortega – Colibrí Comunicación (A Rioxa). - Redes sociais e estratexia online: The Office Comunicación.
- Deseño gráfico: MINIM Comunicación.
- Elaboración de materiais e imprenta:
LAU Creaciones e Imprenta da Deputación de Áraba. - Deseño web: Diego Seixo.
- Cobertura fotográfica e de vídeo:
Miguel Lamas Fotografía.
Ana Martín-Estudio La Central.
JPEG Estudio de Fotografía. - Montaxe e edición de vídeo: Miguel Lamas Fotografía.
- Traducións e asesoría lingüística:
Laura Iglesia.
Interwords.
Santiago Cortegoso. - Comisión permanente de seguimento do proxecto:
Marta Alonso Tejada e Guillermo Carbajo (Escena Galega).
Luis Alija e Mayra Fernández (EscenAsturias).
Carlos Troyano e Begoña García (ACEPAE).
Gorka Mínguez e Idoia Ayestaran (Eskena).
David Lainez e Martxel Rodríguez (Esna).
Sónia Olveira e Begoña González (aescena). - Imaxe da edición: Sergio Llunik.
Composición das comisións profesionais de selección de espectáculos para o presente catálogo
Comisión de Galicia, Principado de Asturias e Cantabria
- Santiago S. Nieto Romarís. Funcionario de Carreira. Técnico de Cultura do Concello de Outes, A Coruña.
- Gustavo del Río Prieto. Xestor cultural.
- Adolfo Camilo Díaz López. Xerente de Cultura do Concello de Corvera D’Asturies.
- Verónica Rodríguez Fernández. Xefa do Departamento de Innovación Cultural da FMCE e UP do Concello de Xixón.
- Marta Romero Diego. Xestora e mediadora cultural.
- Isabel Ibarra Arenado. Responsable Programación e Produción do Palacio de Festivales de Cantabria.
Comisión de Euskadi, Comunidade Foral de Navarra e A Rioxa
- Nagore Irastorza Artola. Responsable do Departamento de Cultura do Concello de Zarautz.
- Pello Mirena Gutiérrez Salceda. Ex-coordinador de Estudos e Proxectos de Eskena.
- Nerea Garde Iriarte. Coordinadora cultural do Concello de Zizur Mayor.
- Iker Bengotxea Goya. Xestor de Circuito Sendaberri da RTN-NAS.
- Gabriel Santos Ruiz. Xefe de Servizo de Promoción Cultural, Goberno da Rioxa.
- Yolanda Marín Solano. Directora de Actividades Culturais do Concello de Logroño.
Un agradecemento especial ás Xuntas Directivas e todas as compañías que forman parte de Escena Galega, EscenAsturias, Acepae, Eskena, ESNA e aescena.