Este 2023 poñemos en marcha unha nova iniciativa denominada Vieiros, consistente na colaboración de Camiño Escena Norte cun proxecto cultural de cada Comunidade, co obxectivo de crear sinerxías, ao tempo que lle damos forza e contexto ao noso proxecto localmente e proxectamos fóra da Comunidade os proxectos locais. Proxectos todos que coinciden territorialmente e en datas aproximadas con nós, claro.
A idea xorde da programación dunha das funcións do Itinerario Constelacións 2022 en colaboración co FIOT (Festival Internacional Outono de Teatro) de Carballo (Galicia) o ano pasado, que nos abriu a porta a pensar que esta fórmula de programación conxunta podería ser unha idea susceptible de trasladar a outros proxectos coincidentes en datas e territorio. Este ano estes Vieiros vanse abrir cunha colaboración con 5 iniciativas culturais diversas de Galicia, Asturias, Cantabria, Euskadi e Navarra, aínda que non en todas levaremos a cabo aínda unha estratexia de programación conxunta.
Os 5 proxectos que abren estes “vieiros”:
FIOT (Festival Internacional de Outono de Teatro), Carballo. (*) Xa cunha función en colaboración nesta edición.
Danza Xixón, Xixón. (*) Xa cunha función en colaboración nesta edición.
Programa Mulleres e Cultura, ámbito rexional.
Bideart Zigoitia, Zigoitia. (*) Xa cunha función en colaboración nesta edición.
Ribera en Danza, varios concellos.