Skip to main content

Dibújame una palabra

Luz de Gas Teatro | Principado de Asturias

Dibújame una palabra

Luz de Gas Teatro | Principado de Asturias

Aisha é unha nena que, debido á prohibición de asistir á escola, non sabe nin ler nin escribir, comunícase unicamente a través da palabra falada e de debuxos, unha linguaxe visual que a conecta co mundo que a rodea e co seu amigo Nabid, que a intenta axudar en segredo, de xeito clandestino. A través do seu vínculo, ambos intentan reescribir o seu destino, creando palabras que nunca foron escritas.

‘Dibújame una palabra’ é unha viaxe emocional que explora a resiliencia, a loita polo dereito á educación e o poder da creatividade como ferramenta de expresión.

Luz de Gas Teatro, compañía profesional formada por Mayra Fernández en 2020, leva a escena textos de creación propia de diversa índole e enfocados a público adulto, infantil e xuvenil.

Ten como obxectivo xuntar Cultura e Educación, sendo a impli-cación social e o traballo sobre a muller as premisas dos seus espectáculos:

  • ‘Voces’, nomeado aos premios Oh! nas categorías de Mellor Autoría e Mellor Iluminación.
  • ‘Llamémoslo X’.
  • ‘Luna’, Premio Oh! Especial do Xurado 2024 e selo de calidade Camiño Escena Norte, ademais de ser seleccionado para xirar no Itinerario Constelacións.
  • ‘Dibújame una palabra’, Premio Oh! a Mellor Espectáculo para Infancia e a Mellor Autoría e Premio FETEN a Mellor Espectáculo de Compromiso Social 2026.

https://drive.google.com/file/d/1KfF-PPwn2GvuphCsDrMW–i22T8sJXYe/view

Tipo: Teatro e títeres
  • Público: Infantil e familiar
  • Duración: 50’
  • Idioma: Castelán – Asturiano
  • Estrea: 17 de outubro de 2025. Centro Cultural Los Canapés Avilés – Principado de Asturias

Contacto:
  • Mayra Fernández
  • Tel.: 679 510 533
  • R/ Caveda, 54 – 1° E, 33205 Xixón Principado de Asturias
  • correo-e
  • web


Próximos Eventos