O apartamento de Rosa é o acolledor refuxio dunha tribo de catro mulleres maiores organizadas. Traballadoras xubiladas da industria téxtil, están decididas a preservar a súa indepen-dencia. Cando a filla de Rosa lle propón trasladala a unha institución médica e vender o apartamento, comeza unha loita entre dúas visións de envellecer ben. Defenden o seu dereito a vivir xuntas e en liberdade e idean unha serie de estratexias para convencer a filla de que a súa é a mellor posición.
Falamos do coidado das persoas maiores, contrastando o mundo das residencias coa calor humana da familia e a comunidade. O autor narra con sensibilidade a resistencia destas “gardiás” contra a dura modernidade.
Teatro de Ningures é unha compañía comprometida co seu territorio, participando activamente nos proxectos culturais, sociais e políticos da súa contorna.
Activa na realización de proxectos artísticos (máis de 30 producións teatrais), educativos (Escola de Teatro de Cangas, aulas de formación teatral na Universidade de Vigo) e festivais (Mostra de Teatro de Cangas, Mostra Universi-taria de Vigo e Pontevedra), que responden ás necesidades sociais e culturais da zona.
Teatro de Ningures é un proxecto de investigación permanente que aspira a prestar un servizo á comunidade, desde a cultura e sen ignorar o que ocorre ao noso arredor, provocando preguntas que poidan axudar a atopar solucións ou a fomentar o debate.
Tipo: Teatro
Público: Adulto
Duración: 90’
Idioma: Castelán – Galego
Estrea: 9 de novembro de 2024. Auditorio Municipal, Cangas de Morrazo (Pontevedra) – Galicia
Contacto:
Lilian Portela
Tel.: 610 106 808
Av. Bueu, 14 36940 Cangas de Morrazo (Pontevedra) – Galicia