‘La niña 104’ está nun orfanato desexando que a adopten, onde, do mesmo xeito que outras nenas na súa mesma situación, pasa os días confeccionando e cosendo pezas. Un bo día chega outra nena que parece que non comparte a ilusión da nena 104 polo traballo.
Con todo, quen queira que a escolla unha familia de adop-ción debe traballar duro e facelo todo perfecto.
Atopará cada unha delas unha familia que a queira?
Yarleku é unha compañía que xorde no ano 2003 coa arela de crear espectáculos de carácter socioeducativo nos que xuntar a visión plástica do teatro e a transmisión de valores.
Hoxe damos un paso máis. Apostamos firmemente pola accesibilidade, incorporando en tres das nosas obras –‘Los ladrones de tiempo’, ‘La niña 104’ e ‘La casa más pequeña’-catro medidas fundamentais que garanten unha experiencia escénica máis inclusiva:
Audiodescrición e son amplificado individual.
Subtitulado adaptado.
“Touch circuíto” previo á función.
Programa de man en lectura fácil.
Catro ferramentas que eliminan barreiras e amplían a vivencia teatral para que máis persoas poidan emocionarse, comprender e participar.
Tipo: Teatro e títeres
Público: Todos os públicos
Duración: 50’
Idioma: Castelán – Euskera
Estrea: 27 de febreiro de 2024. FETEN, Xixón Principado de Asturias
Contacto:
David Lainez
Tel.: 669 796 347
Pr. Mosteiro de Azuelo, 3 – 1° K 31011 Pamplona – Navarra