‘La balada del norte’ recrea con pulso firme uns tempos convulsos de grandes desigualdades coa xestación da Revolución de Asturias de 1934 como pano de fondo.
Tristán Valdivia, xornalista sen xornal, editor sen éxito e amante sen ilusión, abandona a capital en 1933 para volver ao norte. Alí espérao seu pai, o marqués de Montecorvo. Da negrura dos vales mineiros de Asturias xorden personaxes luminosos e baixo o ruído atronador das minas de carbón escóitase o murmurio dunha canción antiga.
Os tempos vellos e os novos chocan brutalmente poñendo a proba ao protagonista e á humanidade enteira. Este é o son de ‘La balada del norte’.
En 2013, Luis Alija e Nerea Vázquez crean Saltantes Teatro. En máis de 10 anos de traxectoria, levaron aos esce-narios unha vintena de producións con variedade de estilos e temáticas: teatro familiar e xuvenil, contacontos, musical, terror psicolóxico, histórico, freak, bélico… Alén de distintos tipos de actividades e proxectos dentro do ámbito cultural e teatral.
As últimas producións: ‘Misery’ (Premio Oh! 2023 a Mellor Produción), ‘El gorrumbu’ (Premiu Nel Amaro 2023), ‘El chigre menguante’ (Premio Oh! 2024 a Mellor Escenografía e Mellor Autoría), ‘La parábola del carbón’ e, en 2025, ‘La folclórica’, concerto-espectáculo coa voz de Nerea Vázquez e música en directo de Carla Armas, e ‘La balada del norte’, adaptación teatral da novela gráfica homónima de Alfonso Zapico.
Tipo: Teatro
Público: Adulto
Duración: 120’
Idioma: Castelán – Asturiano
Estrea: 17 de outubro de 2025. Teatro Bergidum, Ponferrada – Castela e León
Contacto:
Luis Alija
Tel.: 659 550 376
R/ Doctor Bellmunt, 17 – 4° Esq. 33205 Xixón, Principado de Asturias