Skip to main content

Atra Bilis

Cantabria | Hilo Producciones

Atra Bilis

Cantabria | Hilo Producciones

Catro anciás cheas de rancor e amargura reúnense no velorio do esposo de Nazaria Alba Montenegro nunha noite de tormenta. O ambiente é propicio para a conversa e xorden os recordos, os desamores, os segredos e os odios ocultos, que abren a tapa dos tronos.

Todo listo para a comedia. Negra, feroz, brillante e dinámica. As catro mulleres despregan sobre a escena -en marabillosa unidade de tempo e espazo- as súas miserias, medos e desexos a golpe de gargallada.

Unha premiada comedia negra, moi negra, chea de aires fratricidas, homicidas, gaticidas e todo o malo que acabe en “idas”.

Premio Oh! 2026 a Mellor Espectáculo, Mellor Dirección, Mellor Interpretación Feminina e Mellor Indumentaria.

Hilo Produciones nace en Santander en 2008, da man de Begoña García, despois de vinte anos de experiencia en diferentes compañías nacionais. Nesta aventura acompáñana Sandro Cordero, responsable da parte artística, como autor, director e actor das montaxes máis emblemáticas. Somos unha empresa produtora de artes escénicas e de deseño e xestión de proxectos culturais.

Gústanos renovar os clásicos -deixámolo claro en ‘Anónimo’, ‘I love Catalina’, ‘Desdémona’, ‘Tal vez soñar’– e traballar en proxectos de creación de públicos e de difusión teatral.

Nestes anos estreamos máis de 40 espectáculos de diferentes formatos, con éxito unánime de crítica e público. Gústannos as sinerxías e coñecer formas novas de traballo: ‘Atra Bilis’ é un proxecto de coprodución interautonómica, xunto coas compañías SótanoB e La Estampa Teatro.


Tipo: Teatro
  • Público: Adulto e adolescente
  • Duración: 80’
  • Idioma: Castelán
  • Estrea: 17 de setembro de 2025. Teatro Filarmónica, Oviedo – Principado de Asturias

Contacto:
  • Begoña García
  • Tel.: 620 265 113
  • R/ Los Acebos, 5 – 3° B. 39011 Santander – Cantabria
  • correo-e
  • web


Próximos Eventos