Skip to main content
Cargando Eventos

« Eventos

  • Este evento ha pasado.

Baby Esferic en Grado (Asturias)

21 Outubro, 2023, 6:30 p.m. - 7:00 p.m.

‘Baby Esferic’ é unha homenaxe á Terra. Fala da maxia que nos une ao planeta e aos seus habitantes a través de diferentes historias e paisaxes. Recomendado para bebés a partir de 6 meses e para nenas e nenos de todas as idades. Sen texto, cunha linguaxe delicadamente visual e estética minimalista, ‘Baby Esferic’ atrapa a maxia da Terra a ritmo de bebé.

Imaxinas ser testemuña do nacemento do noso marabilloso planeta Terra e compartilo co teu bebé? ‘Baby Esferic’ propón unha divertida viaxe para redescubrir e emocionarnos co noso fogar, con ollos de neno. Simpáticos habitantes esféricos hannos acompañar nesta aventura.

O amor e o respecto cara a nós mesmos e cara ao planeta que nos acolle son a semente que agasalla ‘Baby Esferic’ aos nosos máis pequenos, as mulleres e homes do futuro.

Aboon Teatro

En Aboon Teatro ofrecemos espectáculos para a primeira infancia, experiencias que estimulan a imaxinación de grandes e pequen@s e achegan a vivencia do bebé/nen@ ao adulto. Sentimos o teatro como un motor de cambio, un espazo transformador onde ampliar conciencias e conectar coa nosa humanidade. O amor profundo cara á primeira infancia, e o gran respecto pol@s nen@s e o seu imaxinario, son a nosa inspiración

 

Detalles

Fecha:
21 Outubro, 2023
Hora:
6:30 p.m. - 7:00 p.m.
Categoría Evento:
,

Organizador

Escena Norte
Correo
info@escenanorte.com
Vela web do Organizador

Información evento

Cía
Aboon Teatro
Autoría:
Aboon Teatro
Duración:
30'
Tipo
Teatro
Público
Infantil / familiar
Idioma
S/TEXTO
Procedencia Cía
Euskadi
Entradas
Entrada libre ata completar cabida
Web Cía
https://www.aboonteatre.com

Lugar

Capela dos Dolores
Plaza de los Dolores
Grao, Asturias 33820
+ Google Map
Vela web do Lugar