É unha das capelas palacianas más sobranceiras do estilo barroco de Asturias, atribuíndose a obra ao arquitecto Francisco de la Riva Ladrón de Guevara.A capela dos Dolores atópase situada na localidade de Grado no concello asturiano do mesmo nome. Antigamente era a capela privada do Palacio de Miranda-Valdecarzana. Mandouna construír en 1713 Sancho Fernández de Miranda Ponce de León y Trelles, III marqués de Valdecarzana. Na actualidade, é un ben adquirido en 1955 pertencente ao Concello de Grado, no que se realizaron restauracións diversas. Non ten carácter relixioso, senón que nela se celebran diversos actos lúdicos como espectáculos escénicos. A capela dos Dolores, xunto co palacio de Miranda-Valdecarzana, é Monumento Histórico Artístico.