- Este evento ha pasado.
Portamundos en Viana (Navarra)
17 Setembro, 2023, 7:00 p.m. - 7:50 p.m.
Da nada, ao todo. Un escenario case baleiro é o cómplice dun artista que o dá todo para que o público goce de rir e tamén poida ver rir os que están ao seu redor.
Sigimundo é clown, é acróbata e é poesía. Xunto co público, arma o elemento para tocar o ceo coas mans, aínda que non ten as instrucións de como se arma. A confianza existe! Iso permite cruzar todas as pontes…
Levelibular
Levelibular nace no ano 2003 como espazo de formación en acrobacias aéreas. Ao pouco tempo, lánzase á escena con espectáculos variados en salas e en espazos non convencionais.
En cada presentación intenta deixar unha semente no público, desde o compromiso humano e social para non deter a procura incansable dun mundo mellor.
Os seus espectáculos denomínanse ‘Micromundos’, ‘Porta-mundos’, ‘Supra-mundo’, ‘Inter-mundos’ e ‘Entre-mundos’.