Skip to main content
Cargando Eventos

« Eventos

  • Este evento ha pasado.

Misery en Sangüesa (Navarra)

21 Outubro, 2023, 8:00 p.m. - 9:20 p.m.

5€ – 10€
misery-saltantes

‘Misery’ é a adaptación teatral de William Goldman sobre a novela de Stephen King do mesmo nome. Unha peza de terror psicolóxico que a día de hoxe é considerada de culto.

Paul Sheldon, un célebre escritor de novelas románticas, sofre un grave accidente mentres conduce no medio dunha tormenta de neve. Pouco despois esperta na casa de Annie Wilkes, a muller que o rescatou. Por sorte para el, ela é enfermeira, así que, ademais de lle ofrecer refuxio durante a tormenta, axúdao coa recuperación das súas feridas. Ela confesa ser a maior admiradora da saga de novelas de Misery Chastain, creada por Paul. Pero tras pasar uns días na casa, Paul comeza a preguntarse se está a salvo con Annie.

Saltantes Teatro

Saltantes Teatro xorde en 2013 da man de Luis Alija e Nerea Vázquez, formados na ESAD do Principado de Asturias. Tras 10 anos de traxectoria, especializáronse en tres liñas de traballo: a rama “friki” de Luis, a vertente creativa musical de Nerea e a representación de grandes textos da literatura dramática universal enfocados ao gran público. Algunhas das súas mon- taxes máis recoñecidas foron: ‘El método Grönholm’, ‘Gigantes, el musical’, ‘El jorobado’ e ‘Misery’.

 

Detalles

Fecha:
21 Outubro, 2023
Hora:
8:00 p.m. - 9:20 p.m.
Precio:
5€ – 10€
Categoría Evento:
,

Organizador

Escena Norte
Correo
info@escenanorte.com
Vela web do Organizador

Información evento

Cía
Saltantes Teatro
Autoría:
William Goldman a partir da novela “Misery” de Stephen King
Duración:
100'
Tipo
Teatro
Público
Adulto
Idioma
CAST
Procedencia Cía
Asturias
Entradas
Venda de entradas no Palacio Vallesantoro/Casa de Cultura, de martes a venres, de 12:00 a 14:00 h e de 19:00 a 21:00 h e na web www.sanguesacultura.es e www.sanguesa.es Venda en despacho de billetes o día da función desde unha hora antes
Web Cía
https://www.eljaleoproducciones.es/ saltantes-teatro

Lugar

Auditorio del Carmen
C. Alfonso el Batallador, 20, 31.400 Sangüesa, Navarra.
Sangüesa, Navarra 31400
+ Google Map
Vela web do Lugar