Skip to main content
Cargando Eventos

« Eventos

  • Este evento ha pasado.

Kimera en Santiago de Compostela (A Coruña)

10 Setembro, 2022, 8:00 p.m. - 9:00 p.m.

Un peirao de carga. Persoas que traballan, pasan ou chegan en busca dunha vida mellor.
Kimera exponnos unha mirada á sociedade actual, quere mostrarnos a fraxilidade desas pequenas cousas que fan grandes ás persoas, ensinarnos a cambiar o global desde o local.
Convídanos a pensar no motivo que move a tanta xente para deixalo todo para viaxar a un lugar descoñecido, desamparados, sen relacións, onde o futuro, por moi incerto que sexa ou por moi escuro que se expoña, sempre é máis esperanzador que no lugar de orixe.
Un espectáculo divertido e conmovedor, onde conxugan a mirada, o corpo, a destreza e a habilidade para construír un universo peculiar, unha aposta sonora de emoción. Unha recreación moi libre de “A neta do señor Linh” en linguaxe de circo.

A Banda Teatro Circo

A Compañía está comprometida cunha forma de aprendizaxe onde a improvisación e investigación de novas linguaxes son os piares do proceso creativo. No seu traballo, o movemento convértese nunha linguaxe universal, a través do cal buscan emocionar ao espectador.

En 2010 comeza unha nova etapa coa unión de dous artistas Izaskun Lasarte e Nano Napal. Ambos deciden unir as súas traxectorias persoais e artísticas, e apostar por integrar diferentes artes como o circo, a expresión corporal e o teatro, buscando un estilo propio que os identifique.

Detalles

Fecha:
10 Setembro, 2022
Hora:
8:00 p.m. - 9:00 p.m.
Categoría Evento:
,

Organizador

Escena Norte
Correo
info@escenanorte.com
Vela web do Organizador

Información evento

Cía
La Banda Teatro Circo
Duración:
50
Tipo
Teatro
Público
Infantil / familiar
Idioma
S/TEXTO
Entradas
Entrada libre e de balde (ata completar capacidade no caso do Salón Teatro)
Local alternativo (clima adverso):
https://goo.gl/maps/Ds2LdRSUAy5h5odj7
Web Cía
https://www.instagram.com/labandateatrocirco/

Lugar

Praza da Quintana
Praza da Quintana de Vivos, s/n
Santiago de Compostela, A Coruña 15704
+ Google Map
Vela web do Lugar