Skip to main content
Cargando Eventos

« Eventos

  • Este evento ha pasado.

Crisálida en Xixón (Asturias)

17 Setembro, 2023, 8:00 p.m. - 8:50 p.m.

‘Crisálida’ é o espectáculo número 25 da compañía, co que cumprimos 20 anos de traxectoria. Unha historia que leva varios anos na nosa cabeza e coa que queremos facer a nosa pequena homenaxe a esas persoas que crean comunidade, que fan que as nosas cidades teñan vida e sexan ricas en historias.

‘Crisálida’ é un espectáculo que quere poñer en valor a impor- tancia do comercio tradicional nun mundo globalizado e cada vez máis dixitalizado.

Historias coma as da mercería Crisálida móstrannos que este tipo de negocios, máis baseados nas relacións humanas e non unicamente no beneficio económico, se deben protexer e recuperar. Son parte do noso patrimonio e por iso, no 20 aniversario, queremos celebralo con eles.

Caramuxo Teatro 

Caramuxo Teatro é unha compañía de teatro infantil e familiar, creada na Coruña no ano 2003, dirixida por Juan Rodríguez e Laura Sarasola. Traballa, ademais, nunha liña específica de creación de espectáculos para bebés.

Caramuxo crea espectáculos poéticos e visuais axeitados para gozar en familia, tendo unha especial responsabilidade co público ao que van dirixidos. Dende os seus inicios, mestu- ra diferentes técnicas: teatro de actor, teatro de obxectos, teatro de máscaras, monicreques, danza…

A liña de traballo parte de textos elaborados a partir da expe- riencia obtida no terreo educativo, tratando de ser un referente de producións de calidade, creando espectáculos nos que se consiga a fidelidade dun público crítico.

Detalles

Fecha:
17 Setembro, 2023
Hora:
8:00 p.m. - 8:50 p.m.
Categoría Evento:
,

Organizador

Escena Norte
Correo
info@escenanorte.com
Vela web do Organizador

Información evento

Cía
Caramuxo Teatro
Autoría:
Caramuxo Teatro
Duración:
50'
Tipo
Teatro
Público
Infantil / familiar
Idioma
S/TEXTO
Entradas
Entrada libre ata completar cabida
Web Cía
https://www.caramuxoteatro.com

Lugar

Teatro la Laboral
Calle Luis Moya Blanco, 261, 33.203 Gijón, Asturias
Gijón, Asturias 33203
+ Google Map
Vela web do Lugar