Skip to main content

Quen somos

Con 20 anos de vida ESCENA GALEGA é a asociación de referencia do sector profesional en Galicia, actualmente con 60 compañías asociadas. Somos un colectivo comprometido coa defensa da lingua e a cultura como ben común, que traballa na interlocución coas institucións e cos distintos axentes implicados na modernización do sector das artes escénicas e que busca conexións estratéxicas con asociacións afíns doutros territorios.

A Asociación de Compañías Profesionais de Artes Escénicas de Asturias (ESCENASTURIAS) constitúese no ano 2018 tras a unión das dúas asociacións de empresas de artes escénicas da rexión (FOROESCENA e ACPTA) Integrada actualmente por 32 compañías vinculadas profesionalmente ao mundo do espectáculo, ten o propósito de promover as artes escénicas que se fan en Asturias e contribuír á súa proxección a nivel nacional e internacional.

A Asociación é unha entidade que engloba a 22 empresas creada co obxectivo de reunir produtoras de teatro e danza de Cantabria. Ha de servir como órgano de coordinación, representación, xestión, fomento e defensa dos intereses xerais dos seus membros. Entendemos a Asociación como unha necesidade para abordar o ordeamento e vertebración do noso sector e conseguir o recoñecemento e a dignificación do noso oficio.

A asociación ESKENA creouse en 1995 co obxectivo de dar voz, espazo e oportunidades ás diferentes empresas do mundo teatral vasco. Na actualidade está formada por 25 produtoras. Somos unha asociación que traballa para a mellora da comunicación, a estabilidade e o desenvolvemento das empresas do sector na nosa comunidade. Levamos 25 anos sendo unha referencia consolidada como promotora e interlocutora das artes escénicas en Euskadi

A Asociación Empresarial Escena Navarra, ESNA, é unha asociación profesional de empresas de produción escénica que traballan na Comunidade Foral de Navarra. Actualmente, ESNA componse de 7 empresas asociadas, todas elas cunha longa traxectoria na produción de espectáculos teatrais e de maxia, na asistencia técnica de espectáculos ao vivo, así como no desenvolvemento de diversos tipos de proxectos culturais e artísticos. Á súa vez, ESNA é unha das 15 organizacións que compoñen á Federación Estatal de Asociacións de Empresas de Teatro e Danza, FAETEDA, sendo na actualidade o único membro en representación do territorio navarro.

AESCENA é unha idea de comunidade artística formada polos que crean no ámbito das artes escénicas en La Rioja. Son 15 compañías efervescentes, creando fóra dos focos e presentando traballos en toda España e no estranxeiro. Desde 2015 colleitaron premios importantes, creando en campos que rompen barreiras e xuntos articulan proxectos que soñan cun territorio máis comunicado culturalmente cos demais.

O equipo do proxecto

  • Coordinación: Diego V. Meizoso.
  • Administración: Amaia Ibáñez.
  • Coordinación de produción, produción Cantabria e Euskadi: Nerea Soto.
  • Produción Asturias: Patricia Baragaño.
  • Produción Galicia: CUNDE, Servicios de Producción.
  • Produción Navarra: Global Servicios Culturales.
  • Gabinete de comunicación:
    Lucía Pita-The Office Comunicación (Galicia)
    Marta Barbón-MB Comunicación (Asturias)
    Felisa Palacio (Cantabria)
    Gontzal Saénz-ieR – Información en Red (Euskadi)
    Alberto Laiglesia – Global Servicios Culturales (Navarra)
  • Redes sociais e estratexia  online: 
    The Office Comunicación.
  • Deseño gráfico: MINIM Comunicación.
  • Elaboración de materiais e imprenta:
    LAU Creaciones.
  • Deseño web: Diego Seixo.
  • Cobertura fotográfica:
    Miguel Lamas Fotografía e Ana Martín-Estudio La Central.
  • Cobertura de vídeo: 
    Miguel Lamas Fotografía e Ana Martín-Estudio La Central.
  • Montaxe e edición de vídeo: Miguel Lamas Fotografía.
  • Traducións e asesoría lingüística:
    Laura Iglesia.
    Itziar Intxaurrondo Arzadun (Letra Servicios Lingüísticos).
    Santiago Cortegoso.
  • Comisión permanente de seguimento do proxecto:
    Noelia Castro e Guillermo Carbajo (Escena Galega).
    Luis Alija e Mayra Fernández (EscenAsturias).
    Carlos Troyano e Patricia Cercas (ACEPAE).
    Gorka Mínguez e Idoia Ayestaran (Eskena).
    David Lainez e Martxel Rodríguez (Esna).
    Sónia Olveira e Begoña González (aescena).
  • Imaxe da edición: Isabel de la Sierra.

Composición das comisións profesionais de selección de espectáculos para o presente catálogo

Galicia

Decide os espectáculos da Comunidade: A Rioxa.

Xosé Paulo Rodríguez Domínguez. Director do Teatro Rosalía de Castro (IMCE- Concello da Coruña).

Rosalía Romero Castro. Técnica en animación sociocultural do Concello de Melide.

Marta Alonso Tejada. Bailarina, coreógrafa e xestora cultural. Directora artística do festival ABANEA.

Juan Rodríguez Santiago. Director de Galgo Azul Espazo Cultura. Actor e creador escénico especializado no ámbito infantil e familiar.

Cristina Domínguez Dapena. Docente da Escola Superior de Arte Dramática (ESAD Galicia). Directora e creadora escénica.

Diego Vázquez Meizoso. Xerente de Escena Galega, en calidade de secretario da comisión, con voz, pero sen voto.

Principado de Asturias

Decide os espectáculos da Comunidade: Galicia.

Íñigo de Lafuente Canal. Axudante de Programación Artística / Teatro Jovellanos.

Gustavo Adolfo Fernández Fernández. Coordinador de Cultura do Concello de Grau/Grado.

Estrella Matutina García González. Directora artística de Zig Zag Danza.

Rosa Garnacho Martínez. Produtora e creadora escénica especializada no ámbito infantil e familiar, ex-xerente de Producións Quiquilimón.

Sara López Rodríguez. Técnico de xestión cultural / Laboral Ciudad de la Cultura.

Natalia Alonso Arduengo. Xerente de EscenAsturias, en calidade de secretaria da comisión, con voz, pero sen voto.

Cantabria

Decide os espectáculos da Comunidade: Principado de Asturias.

Gema Barquín Sainz. Programadora do Teatro Concha Espina de Torrelavega.

Iria Angulo Pérez. Directora da área de Cultura dos concellos de Astillero, Los Corrales de Buelna e Santoña. Dinamiza Servicios Educativos SL.

Yolanda G. Sobrado. Bailarina e coreógrafa. Danza española e flamenco.

J. Francisco Valcarce Valcarce. Director da Aula de Teatro da Universidade de Cantabria e da Mostra Internacional de Teatro Contemporáneo.

Lorena Fernández Sáez. Licenciada en Danza: Coreógrafa, repositora coreográfica e directora de proxectos educativos en artes escénicas.

Marta López Royano. Xerente de ACEPAE, en calidade de secretaria da comisión, con voz, pero sen voto.

Euskadi

Decide os espectáculos da Comunidade: Cantabria.

Bertha Bermúdez Pascual. Directora de proxectos en Dantzaz.

Idoia Ayestarán Aristoy. Co-dirección artística Cía Panta Rhei e directora de programas escénicos de achegamentos de públicos.

María Pilar López López. Directora de Teatro Paraíso e responsable de programación.

Pello Mirena Gutiérrez Salceda. Ex-coordinador de estudos e proxectos de Eskena.

Amaia Ibáñez Zalba. Xerente de Eskena, en calidade de secretaria da comisión, con voz, pero sen voto.

(*) Esta comisión específica, de xeito excepcional, quedou conformada por 5 profesionais, sendo 4 delas comisionadas con voz e voto e a quinta a secretaria da comisión. Isto foi debido a que 10 días antes da reunión da comisión a quinta persona coa que se negociara a súa presenza na mesma anuncia que non formará parte finalmente, sen dar tempo material a nomear unha persona substituta sen atrasar considerablemente o calendario de selección, polo que desde a organización se decide esta solución de urxencia deixando a comisión en 5 membros no canto de 6.

Comunidade Foral de Navarra

Decide os espectáculos da Comunidade: Euskadi.

Iñigo Gómez Eguiluz. Director da área de Cultura, Festas, Educación e Deporte do Concello de Pamplona/Iruñeko Udala.

Pilar Martínez de Olcoz Esquide. Técnica de turismo e cultura do Concello de Viana.

David Láinez Aguirre. Fundador de Yarleku Teatro. Produtor e distribuidor.

Iker Bengotxea Goya. Xestión Circuíto Sendaberri da RTN-NAS, xestor cultural e actor.

Martxel Rodríguez Etxabide. Co-director de Led Silhouette.

Vanessa Chacín Romero. Secretaria técnica de ESNA, en calidade de secretaria da comisión, con voz, pero sen voto.

A Rioxa

Decide os espectáculos da Comunidade Foral de Navarra.

Gabriel Santos Ruiz. Xefe de Servizo de Promoción Cultural (Goberno da Rioxa).

Yolanda Marín Solano. Directora de Actividades Culturais do Concello de Logroño.

Rut Sánchez Muñoz. Directora de Algazara Escola e Compañía de Danza.

Jorge Luis Tesone. Director de Chamán Producións e director do FITLO Festival Iberoamericano de Teatro da Rioxa.

Fernando Moreno Alonso. Actor e produtor na compañia El Perro Azul, director artístico do Festival Teatrea e director do Festival Mute.

Sónia Oliveira Sequeira. Presidenta de AESCENA, en calidade de secretaria da comisión, con voz, pero sen voto.

Un agradecemento especial ás Xuntas Directivas e todas as compañías que forman parte de Escena Galega, EscenAsturias, Acepae, Eskena, ESNA e aescena.