- Este evento ha pasado.
”Pausa”, niMÚ (Euskadi)

Unha pallasa e moitas maletas. Unha viaxe imprevista vainos conducir a un lugar onde a espera deixará de ser algo aburrido para converterse nun momento de xogo e de imaxinación sen límites.
niMú crea situacións absurdas, improvisadas, envoltas nun ambiente poético grazas ao acompañamento dun violonchelista en vivo.
A compañía niMú está formada por Xandra Gutiérrez, equilibrista, clown e bailarina. Xandra comeza a súa formación artística na escola de circo El Circ Petit (Barcelona, 2010). Continúa os estudos na Escola Internacional de Circo e Teatro CAU (Granada, 2011-2012). A compañía niMú créase en 2016. Con ela realiza dous espectáculos, ‘Jacuzzi’ e ‘Ni pies ni cabeza’, cos que realiza xiras internacionais e participa en diversos festivais durante varios anos.
Trala súa volta a Euskadi, Xandra decide seguir a formación na escola de teatro físico CEC (2022). No seu novo espectáculo, ‘Pausa’, Xandra fusiona o clown, a danza e o xogo co público, acompañada esta vez dun violonchelista en vivo.
https://vimeo.com/988471335
Entrada libre ata completar a capacidade.
(En caso de clima adverso: Casa das Máquinas)