- Este evento ha pasado.
”Multiperspectivas#3”, Paula Quintas Cía. (Galicia)

‘Multiperspectivas#3’ é unha proposta orixinal e innovadora que parte da perspectiva do espectador como reflexión contemporánea.
Combina improvisación teatral, danza, circo e performance, deixando espazo para a interacción co público. Unha proposta que experimenta cos límites das artes escénicas para enfrontarse coa realidade do espazo que nos rodea: os
límites entre o privado e o público, e o vivencial na arte nunha instalación circense compartida a tempo real.
Paula Quintas (Ourense, 1983) é bailarina, artista circense, coreógrafa, pedagoga e xestora cultural. Ten un máster en Artes Escénicas pola Universidade Rey Juan Carlos e investiga os límites e as confluencias das artes corporais, dentro do Programa de Doutoramento en Creación e Investigación en Arte Contemporánea, na Universidade de Vigo.
Paula Quintas Cía. é unha compañía cunha traxectoria de dez anos producindo espectáculos de formatos e disciplinas diversas. Hibridar danza e circo é a súa marca. O seu traballo destaca polo diálogo entre o corpo e o movemento, xerando unha compoñente visual e experiencial a través de códigos contemporáneos.
https://vimeo.com/1023604528?fl=pl&fe=vl
Entrada libre ata completar a capacidade.
Plan B: Polideportivo de Pesués.