Skip to main content
Cargando Eventos

« Eventos

  • Este evento ha pasado.

Ikimilikiliklik. Mi pequeña en Vilalba (Lugo)

1 Outubro, 2021, 6:00 p.m. - 7:00 p.m.

Gratis

DE NENA TIÑA UN MEDO ATROZ ÁS BRUXAS, COMO PODERÍA IMAXINAR QUE CO TEMPO TORNARÍA NUNHA DELAS?

Cando Martirio era pequena asustábase por múltiples razóns, pero había dúas, en concreto, que lle provocaban un pavor abafante: ver a alguén desprotexido e as bruxas, esas solitarias e malvadas mulleres que viven en vellos cortellos no alto da montaña.

Martirio, querendo protexer á súa querida arañiña, foi superando unha chea de medos. Así nolo conta a propia Martirio quen, xa de maior, converteuse en…nunha “bruxa”.

Unha historia de bruxas sen bruxas, unha historia de valentes sen valentes, unha historia máxica sen magos, unha historia de nenos que non son tan nenos e uns maiores que non o son tanto.

Marie de Jongh, a compañía

Marie de Jongh converteuse nun referente dentro do panorama teatral vasco e español dirixido a toda a familia. Cun selo inconfundible, baseado na creatividade do seu director, Jokin Oregi, quen escribe e dirixe todos os espectáculos ata a data, gañou numerosos premios e converteuse nun valor en alza.
Seguimos a nosa viaxe cara a un teatro para todos os públicos, un encontro interxeracional a través de historias creadas para emocionar.
Oxalá cheguemos sans e salvos a ese porto de todos, maiores e pequenos, concidadáns todos. Ante a insistencia sistematizada de elixir entre teatro para adultos e teatro infantil, empezamos facendo teatro adulto para nenos e teatro infantil para adultos, nunca quixemos facer teatro infantil para nenos.
Non é fácil, a presión é forte.
Oxalá cheguemos.

Detalles

Fecha:
1 Outubro, 2021
Hora:
6:00 p.m. - 7:00 p.m.
Precio:
Gratis
Categoría Evento:
,

Lugar

Auditorio Municipal Carmen Estevez
Rúa das Pedreiras, 5
Vilalba, Lugo 27800 España
+ Google Map

Información evento

Cía
Marie de Jongh
Autoría:
Jokin Oregi
Duración:
55
Tipo
Teatro
Público
Infantil / familiar
Idioma
EUS
Procedencia Cía
Euskadi
Entradas
Entrada libre previa reserva por medio da páxina web www.entradasvilalba.es
Web Cía
http://www.mariedejongh.com