Skip to main content
Cargando Eventos

« Eventos

  • Este evento ha pasado.

”Soñando a Lorca”, Ábrego Producciones (Cantabria)

Outubro 4, 12:30 - 13:30

Por que as nenas e nenos non poden ter a oportunidade de reflexionar sobre o pasado e soñar cunha sociedade máis igualitaria, tolerante e libre, onde ninguén poida ser xulgado ou condenado polas súas ideas?
Unha obra para nenos baseada na vida e obra de Federico García Lorca. Reivindica o dereito a recordar a historia como unha ferramenta cultural poderosa que pode axudar a desenvolver unha comprensión máis profunda da cultura, fomentar valores imprescindibles e recordar a importancia da liberdade e a xustiza como elementos transformadores da sociedade.
‘Soñando a Lorca’ pretende poñer en escena os sentimentos, poemas, cancións e contos escritos polo xenial Federico.
Ábrego Producciones é unha compañía de vocación internacional radicada nunha localidade pequena de Cantabria. As
súas propostas preséntanse en escenarios de países repartidos polos cinco continentes.

A compañía nace para dar resposta á necesidade de definir “o proxecto escénico, persoal e vital” de María Vidal e Pati Domenech, que levan máis de vinte anos percorrendo escenarios de todo o mundo, con espectáculos de ética e estética comprometida, fomentando valores e defendendo causas que non deixan indiferente a ninguén.
Reflexións sobre a discapacidade, a violencia de xénero, a memoria colectiva ou en defensa da biodiversidade, son dirixidas a públicos de todas as idades.

https://vimeo.com/1054563972?share=copy

Entrada libre ata completar a capacidade.

Detalles

Lugar