Skip to main content
Cargando Eventos

« Eventos

  • Este evento ha pasado.

”Zozobra”, La Roca Producciones – Acar Teatro del Mundo (Asturias)

Setembro 13, 19:00 - 20:00

Dá gloria velas! Como acabadas de chegar doutro tempo. Falan, berran e non se miran, porque cada unha vai ao seu.
Dona Carmen decreta e determina coma unha aguia imperial, rezando e invocando a Deus constantemente, maldicindo entre rezos e pregarias.
Alejandra leva a carga e empuxa decidida a cadeira a ritmo vivo de pasodobre… Hai tempo que decidiu non pensar. O seu obxectivo é o traballo e vaino ser ata o día que Deus queira -o deus da súa señora, claro-, aínda que oxalá falten moitos anos para que queira.

E fronte a ambas, o mundo.

Compañía profesional dirixida por Roca Suárez. La Roca Producciones produce espectáculos con autores contemporáneos para público adulto. As dramaturxias créanse ou ben a través dun texto, ou dunha creación colectiva, buscando un teatro vivo, que emocione, que incite e non deixe indiferente o espectador. As montaxes teatrais tocan temas de actualidade, como sucede nas súas tres producións: ‘Porno’, ‘Los polvos melancólicos’ e ‘Zozobra’.

Entrada libre ata completar a capacidade.

Detalles

Lugar