Skip to main content
Cargando Eventos

« Eventos

  • Este evento ha pasado.

”Pausa”, niMÚ (Euskadi)

Setembro 26, 18:00 - 19:00

Unha pallasa e moitas maletas. Unha viaxe imprevista vainos conducir a un lugar onde a espera deixará de ser algo aburrido para converterse nun momento de xogo e de imaxinación sen límites.
niMú crea situacións absurdas, improvisadas, envoltas nun ambiente poético grazas ao acompañamento dun violonchelista en vivo.

A compañía niMú está formada por Xandra Gutiérrez, equilibrista, clown e bailarina. Xandra comeza a súa formación artística na escola de circo El Circ Petit (Barcelona, 2010). Continúa os estudos na Escola Internacional de Circo e Teatro CAU (Granada, 2011-2012). A compañía niMú créase en 2016. Con ela realiza dous espectáculos, ‘Jacuzzi’ e ‘Ni pies ni cabeza’, cos que realiza xiras internacionais e participa en diversos festivais durante varios anos.
Trala súa volta a Euskadi, Xandra decide seguir a formación na escola de teatro físico CEC (2022). No seu novo espectáculo, ‘Pausa’, Xandra fusiona o clown, a danza e o xogo co público, acompañada esta vez dun violonchelista en vivo.

Venda de entradas dentro do marco da programación do FIOT, máis información en www.fiot.gal Prezo 5€
Plan B. Mercado Municipal.

Detalles

Lugar

  • Praza Cruz Vermella
  • Praza Cruz Bermella
    Carballo, A Coruña 15102 Spain
    + Google Map