O casco histórico de Mutriku foi declarado conxunto monumental en 1995. Perderse nas súas rúas estreitas conecta o visitante coa longa historia da vila, fundada no S.XIII.Estas rúas manteñen o seu trazado escarpado orixinal, e malia que en 1484 e en 1553 dous incendios arrasaron a vila, aínda se poden atopar nelas casas señoriais e palacios de entre os séculos XV e XVIII, algúns deles declarados monumentos histórico-artísticos. Lamentablemente non queda máis ca unha parte pequena da muralla orixinal xa que, como noutros moitos lugares, gran parte da mesma foi destruída no S.XVIII en aras do modelo urbanístico, moi pouco conservador, que daquela preconizaba a ilustración. Porén, esas mesmas ideas inspiraron a igrexa neoclásica de Nosa Señora da Asunción, a Praza Txurruka e a Praza Zabiel.