Skip to main content

Multiperspectivas#3

Galicia | Paula Quintas Cía.

Multiperspectivas#3

Galicia | Paula Quintas Cía.

‘Multiperspectivas#3’ é unha proposta orixinal e innovadora
que parte da perspectiva do espectador como reflexión contemporánea.
Combina improvisación teatral, danza, circo e performance,
deixando espazo para a interacción co público.
Unha proposta que experimenta cos límites das artes escénicas
para enfrontarse coa realidade do espazo que nos rodea: os
límites entre o privado e o público, e o vivencial na arte nunha
instalación circense compartida a tempo real.

Paula Quintas (Ourense, 1983) é bailarina, artista circense,
coreógrafa, pedagoga e xestora cultural. Ten un máster en Artes
Escénicas pola Universidade Rey Juan Carlos e investiga os
límites e as confluencias das artes corporais, dentro do Programa
de Doutoramento en Creación e Investigación en Arte
Contemporánea, na Universidade de Vigo.
Paula Quintas Cía. é unha compañía cunha traxectoria de dez
anos producindo espectáculos de formatos e disciplinas diversas.
Hibridar danza e circo é a súa marca. O seu traballo destaca
polo diálogo entre o corpo e o movemento, xerando unha compoñente
visual e experiencial a través de códigos contemporáneos.


Tipo: Teatro
  • Público: Todos os públicos
  • Duración: 50′
  • Idioma: Castelán – Galego
  • Estreo: 6 de setembro de 2024. FiraTàrrega, Lleida – Cataluña

Contacto:
  • Belém Brandido
  • Tel.: 627 778 351
  • R/ Betanzos, 19 – 3º B15703 Santiago de Compostela (A Coruña) – Galicia
  • correo-e
  • web


Próximos Eventos