Obra do arquitecto navarro Víctor Eusa Razquin, inaugurouse no ano 1949 e mantivo a programación como sala de cine e outros espectáculos ata o ano 1987. O Coliseo volveu reabrir as portas o 23 de marzo de 2007 tras as obras de rehabilitación.Dispón de tres salas, a primeira delas o teatro, con capacidade para cincocentas persoas, e outras dúas para oitenta persoas cada unha. Desde a reinauguración programa todos os anos preto de oitenta espectáculos (concertos e representacións de teatro e danza) e aproximadamente cento vinte películas.O Coliseo conxuga a programación de espectáculos en vivo coa carteleira de cine de estrea. Conta con 2 proxectores de cine dixital e un en 3D.