A Casa da Cultura de Vegadeo ou Casa Villamil é unha casa familiar, cargada coa historia da vila de Vegadeo, que alberga un moderno e equipado auditorio, o Auditorio Félix Menéndez.O Auditorio é un importante impulsor da vida cultural e das artes escénicas da comarca. Conta con 179 butacas, destacando entre a súa actividade as funcións de teatro, diferentes encontros, proxeccións e numerosos actos.