Skip to main content
Cargando Eventos

« Eventos

  • Este evento ha pasado.

”tÁ”, Escena Miriñaque (Cantabria)

Setembro 13, 17:30 - 18:30

‘tÁ’ é unha obra de danza-teatro onde o realismo máxico cobra vida nun bosque no cal se naturaliza o irreal ou estraño como algo común.
Os seus dous personaxes, peculiares, divertidos e sensibles, desenvolverán unha relación de amizade baseada no crecemento emocional a través do xogo. Ao final do espectáculo, hase convidar as nenas e os nenos a internarse no bosque dun xeito moi especial… Bailando. É un espectáculo que utiliza o corpo e as onomatopeas co fin de poñer en valor non só o que se di, senón o que se transmite.
Premio Nacional de Artes Escénicas para a Infancia e a Xuventude 2024.

Escena Miriñaque realiza xiras anuais con arredor de 80 representacións. Ao longo de 20 anos realizou máis de 30 creacións de todos os formatos, a nivel nacional e internacional.
Actualmente dispón de 4 espectáculos en repertorio para nenos e nenas e unha coprodución dirixida a público maior de 16 anos. Os seus espectáculos representáronse en todas as comunidades autónomas do noso país e puidéronse ver en 3 continentes e en lugares como Chile, Arxentina, Paraguai, Uruguai, México, Medio Oriente e EE.UU. A compañía mantén un forte compromiso co público familiar,
especialmente coas artes escénicas para a infancia, e foi galardoada con dous Premios MAX e un Premio FETEN, entre outros.

https://vimeo.com/825760564

Entrada 8€ en https://mutefestival.com/

Detalles

Lugar