Skip to main content
Cargando Eventos

« Eventos

  • Este evento ha pasado.

”Progreso”, Olatz Gorrotxategi (Euskadi)

Outubro 1, 12:00 - 13:00

‘Progreso’ é un espectáculo sobre o plástico e a especie humana. É unha reportaxe gravada a tempo real onde tres documentalistas interpretan unha colección de obxectos inanimados. É unha sociedade creada á nosa imaxe e semellanza, aloxada nunha planta sintética dun set de gravación. É o colapso dun planeta. É unha sinopse falsa que di algo así: “Bienvenue, merci, mon ami”. É o comezo ou o final de algo. É unha peza performativa de teatro documento dirixida a “homo sapiens” que saiban ler. É un espectáculo que di que o plástico é malo, pero que a xente é boa.

Licenciada en Performance e diplomada en Artes Escénicas, Olatz Gorrotxategi é directora de escena, dramaturga, actriz e docente de artes escénicas, ademais de contar cunha ampla experiencia na xestión e produción escénica.
O seu traballo está enfocado tanto á produción propia como á colaboración con outras compañías estatais e vascas. Entre a súa técnica destaca a investigación na dramaturxia e novas linguaxes e a súa experiencia no teatro documento.

 

Entrada libre ata completar aforo para alumnado de 1º de Bacharelato. Más información en www.fitlo.es

Detalles

Lugar