Skip to main content
Cargando Eventos

« Eventos

  • Este evento ha pasado.

”Nanay de la China”, Pérez&Fernández (Galicia)

Setembro 26, 18:00 - 19:00

Nanai é unha nena que naceu unha noite sen lúa. Os veciños e veciñas rexéitana desde que nace por pura superstición. Ela só sabe dicir que non! e axudar ao seu avó a cultivar o arroz máis delicioso desta beira do Yangtsé, acompañada de Chis-Púm, un simpático búfalo de auga.
Para loitar contra a estúpida superstición da xente, Nanai e o seu avó elaboran un plan que non sae todo o tempo tan ben como debería…
‘Nanay de la China’ é un espectáculo de teatro para público familiar no que se fusionan monicreques e actores para representar esta historia orixinal, chea de maxia, aventuras e humor.

Pérez&Fernández é unha compañía de artes escénicas, creada por Victoria Pérez e Manu Fernández, especializada en proxectos para público familiar.
Desde a súa creación no ano 2015, produciu espectáculos a partir de adaptacións literarias de títulos como ‘O poder de Amabel’, de Érica Esmorís; ‘Aguratrat’, de Roald Dahl, e ‘Os nenos da varíola’, de María Solar, peza galardoada en 2021 como Mellor Espectáculo para Público Familiar nos Premios María Casares e co Premio Luísa Villalta pola Igualdade. En 2023 estrea ‘Nanai da China’, un texto orixinal de Victoria Pérez e Xabier Romero, Premio María Casares ao Mellor Espectáculo de Monicreques.

 Entradas en www.reservaentradas.com  e en despacho de billetes. Prezo, 2€. Entrada reducida para público infantil e persoas xubiladas, 1,50€.

Detalles

Lugar