- Este evento ha pasado.
La casa de los dedos en Outes (Galicia)
Setembro 21, 9:00 p.m. - 10:10 p.m.
6€Unha historia de dificultade, rendición e esperanza. A barraca de feira ‘La casa de los dedos’ viaxa de xeito itinerante por todas as vilas medianas e pequenas da xeografía española. Alí a onde chegan traen e mostran o mundo sorprendente e extraordinario do oculto, do alén, das criaturas fantasmagóricas e inexplicables que viven entre nós, pero pertencen ao mundo dos mortos.
Ruth Garreta-El Conejo Salvaje
‘La casa de los dedos’ é a primeira creación de El Conejo Salvaje, unha aposta para esmendrellarse, que congrega sobre un escenario peculiar a tres creadores escénicos excéntricos e multidisciplinares co selo inconfundible da comedia xestual, chea de estupidez e provocación de Aitor Basauri, cofundador da compañía Spymonkey.
A compañía aposta por unha creación interdisciplinar que xunta as técnicas de clown, circo, comedia física e teatro cómico-xestual, dando lugar a un espectáculo ecléctico que nos transporta á atmosfera onírica do circo.