Skip to main content
Cargando Eventos

« Eventos

  • Este evento ha pasado.

”Halley”, Led Silhouette (Navarra)

Outubro 25, 20:30 - 21:30

…1835, 1910, 1986, 2061…
Un fío une todo. O que se quere contar e o que non se pode enumerar. Creastes rivais, tantos como aliados. Mesmo as
civilizacións máis avanzadas quedan atrás algunha vez. O poeta escribiu que o universo vai cambiando, pero a xente
non.
Desde que aprendestes a abrir os ollos, non deixastes de observar arredor de vós. Próximo, afastado, todo foi obxecto de estudo. Aínda non vos decatades da capacidade de destrución que tedes. 150.000 anos para chegar á estrela máis próxima. Cada paso deixa unha pegada no tempo. Co peso da eternidade, á velocidade da luz. Isto é unha vida. “Isti mirant stella”.

Led Silhouette (Premio El Ojo Crítico 2024 de Danza de RNE) é unha compañía de danza afincada na vila navarra de Lesaka, dirixida por Jon López e Martxel Rodríguez, intérpretes e colaboradores habituais da compañía La Veronal. En 2016 deciden internarse no mundo da creación, sentindo unha profunda conexión coa capacidade da escena para provocar emocións, liderando o proxecto composto por artistas vinculados ás artes do movemento e á arte contemporánea. O seu traballo destaca polo seu enfoque innovador na danza contemporánea, combinando elementos vangardistas, bebendo da danza-teatro ou mesmo do cine.
Led Silhouette demostrou un alto nivel de excelencia artística nas súas producións, recibindo eloxios tanto da crítica como do público.

https://vimeo.com/968696348

Venda de entradas en https://teatrojovellanos.janto.es/ 

Detalles

Lugar