- Este evento ha pasado.
”Una mera curiosidad”, Producciones Maestras (Navarra)

Artemisia Gentileschi, pintora barroca italiana, hoxe decidiu saír do seu marco e abandonar as dúas dimensións para virnos contar algo. Non ten moi claro o porqué, pero non podía permanecer impasible ante o acontecer dos tempos. Talvez nós lle poidamos axudar a resolver esa inquedanza que a corroe por dentro…
‘Una mera curiosidad’ é unha obra de teatro, unha comedia que emprega a arte para abordar temas profundamente actuais e humanos. Da man dunha pintora recoñecida, e moitos anos esquecida, realizaremos un divertido e emocionante percorrido pola súa vida e obra, sen perder de vista un presente que, sinceramente, a preocupa.
Producciones Maestras é unha compañía navarra que produce espectáculos teatrais de creación propia para sala, destinados a público adulto e xuvenil, así como para público familiar.
As súas últimas montaxes para público adulto son ‘Una mera curiosidad’, ‘La Malpagá’ e ‘Loco desatino’. Para público familiar realiza os espectáculos tanto en castelán como en euskera: ‘Mis miedos favoritos’ (‘Nire beldurrik maiteenak’), ou ‘Como un pez’ (‘Arrain bat bezala’). A compañía tamén desenvolve programas propios como o Festival LitercreArte Jaialdia, proxecto de cocreación e mediación
en torno á literatura e o teatro que involucra as áreas de cultura e bibliotecas públicas das localidades participantes, ou o Proyecto Brújula, campaña escolar autonómica.
Entrada libre hasta completar aforo.