- Este evento ha pasado.
”El jardín de las posibilidades”, El Tejo Producciones (Cantabria)

Conta Federico García Lorca nas súas ‘Suites’ que el coñece un lugar marabilloso chamado ‘O Xardín das Posibilidades’, alí habitan os amores que nunca foron, os fillos que non naceron e as decisións que nunca se tomaron. Se cadra alí aínda vive a súa amiga da alma Emilia Llanos, empeñada nun amor que nin sequera foi. Esta é a historia dese amor e da primeira investigación que en 1955 levaron a cabo ela e mais Agustín Penón para descubrir como foron as últimas horas de Lorca, quen o asasinou e onde está enterrado.
El Tejo Producciones é unha produtora de artes escénicas e audiovisuais, empeñada en demostrar que outro xeito de ver as cousas é posible. Temos proxectos de gran formato como a recreación histórica de ‘Guerras Cántabras’, audiovisuais como a premiadísima curtametraxe ‘Otoño’, e de artes escénicas como o noso ‘Jardín’. Estamos convencidos que, igual que o teixo, o teatro pode matar e curar.
https://vimeo.com/918910493?share=copy#t=0