Praza maior da vila, acolle o mercado dos martes desde a fundación da vila en 1256 por Alfonso X "O Sabio". A praza actual data do proxecto aprobado en 1988.Entre os edificios máis destacables que forman a praza están a monumental Igrexa de San Xoán Bautista, as “Olbeas” ou soportais de San Xoán, de finais do XVI. Os soportais forman unha rúa con pórtico á entrada da vila polo sur. As columnas que os sustentan son de pedra, en amalgama con madeira. A parte baixa caracterízase por ter un teito plano.