Skip to main content

Zozobra

La Roca Producciones – Acar Teatro del Mundo | Principado de Asturias

Zozobra

La Roca Producciones – Acar Teatro del Mundo | Principado de Asturias

Dá gloria velas! Como acabadas de chegar doutro tempo. Falan,
berran e non se miran, porque cada unha vai ao seu.
Dona Carmen decreta e determina coma unha aguia imperial,
rezando e invocando a Deus constantemente, maldicindo entre
rezos e pregarias.
Alejandra leva a carga e empuxa decidida a cadeira a ritmo
vivo de pasodobre… Hai tempo que decidiu non pensar. O seu
obxectivo é o traballo e vaino ser ata o día que Deus queira -o
deus da súa señora, claro-, aínda que oxalá falten moitos anos
para que queira.

E fronte a ambas, o mundo.

Compañía profesional dirixida por Roca Suárez.
La Roca Producciones produce espectáculos con autores
contemporáneos para público adulto. As dramaturxias créanse
ou ben a través dun texto, ou dunha creación colectiva, buscando
un teatro vivo, que emocione, que incite e non deixe indiferente
o espectador.
As montaxes teatrais tocan temas de actualidade, como sucede
nas súas tres producións: ‘Porno’, ‘Los polvos melancólicos’
e ‘Zozobra’.


Tipo: Teatro
  • Público: Adulto y Adolescente
  • Duración: 48’
  • Idioma: Castelán
  • Estreo: 21 de abril de 2023. Praza Maior, Lugones – Principado de Asturias

Contacto:
  • Roberto Carlos Suárez
  • Tel.: 686 419 061
  • Bobes, 47 33429 Siero – Principado de Asturias
  • correo-e
  • web


Próximos Eventos