Transitar por espazos temporais de luz e escuridade móstranos o camiño intrínseco da vida. ‘Yûgen’ é o encontro de tres almas que avanzan no seu camiño vital para descubrir como romper os muros da sociedade actual e así reconectar co sentido da súa esencia.
La Banda Teatro Circo é unha compañía creadora comprometida cun traballo escénico onde a improvisación e a investigación de novas linguaxes son os piares do proceso creativo. Esta mirada busca desafiar os límites establecidos, internarse no descoñecido, mergullarse no máis profundo, perderse para logo renacer, medrar e dar vida a un universo propio. Nos seus proxectos artísticos, conviven o circo, o teatro físico e a música, xerando unha narrativa visual, a través da cal buscan conectar, sorprender e mergullar o espectador nunha viaxe emocional.
Tipo: Circo
Público: Todos os públicos
Duración: 50’
Idioma: Sen texto
Estreo: 20 de xaneiro de 2024. Casa de Cultura, Villava – Navarra
Contacto:
Nano Napal
Tel.: 633 658 199
Pr. Palacio de Góngora, 8 – 4º B 31192 Aranguren – Navarra