Skip to main content

Una mera curiosidad

Navarra | Producciones Maestras

Una mera curiosidad

Navarra | Producciones Maestras

Artemisia Gentileschi, pintora barroca italiana, hoxe decidiu
saír do seu marco e abandonar as dúas dimensións para virnos
contar algo. Non ten moi claro o porqué, pero non podía permanecer
impasible ante o acontecer dos tempos. Talvez nós lle
poidamos axudar a resolver esa inquedanza que a corroe por
dentro…
‘Una mera curiosidad’ é unha obra de teatro, unha comedia
que emprega a arte para abordar temas profundamente actuais
e humanos. Da man dunha pintora recoñecida, e moitos anos
esquecida, realizaremos un divertido e emocionante percorrido
pola súa vida e obra, sen perder de vista un presente que,
sinceramente, a preocupa.

Producciones Maestras é unha compañía navarra que produce
espectáculos teatrais de creación propia para sala, destinados
a público adulto e xuvenil, así como para público familiar.
As súas últimas montaxes para público adulto son ‘Una mera
curiosidad’, ‘La Malpagá’ e ‘Loco desatino’. Para público familiar
realiza os espectáculos tanto en castelán como en euskera: ‘Mis
miedos favoritos’ (‘Nire beldurrik maiteenak’), ou ‘Como un
pez’ (‘Arrain bat bezala’).
A compañía tamén desenvolve programas propios como o
Festival LitercreArte Jaialdia, proxecto de cocreación e mediación
en torno á literatura e o teatro que involucra as áreas de
cultura e bibliotecas públicas das localidades participantes,
ou o Proyecto Brújula, campaña escolar autonómica.

.


https://vimeo.com/1031074291

Tipo: Teatro
  • Público: Adulto
  • Duración: 75’
  • Idioma: Castelán
  • Estreo:19 de outubro de 2024. Teatro Municipal, Ansoáin – Navarra

Contacto:
  • Ángel García
  • Tel.: 650 887 044
  • R/ Zapatería, 33 – 2º 31001 Pamplona – Navarra
  • correo-e
  • web


Próximos Eventos