Ofelia e Eulogio apareceron mortos nun soto do xeriátrico no
que el estivo ingresado durante 5 anos. 5 anos nos que Ofelia
visitou o seu marido todos os días.
É o aniversario de Eulogio e Ofelia preparouno todo. Vano celebrar
xuntos, coma sempre desde hai 80 anos.
‘Te regalo el sol’ reivindica a tenrura, o cariño e a caricia como
forma de supervivencia nas circunstancias máis terribles.
Compañía e empresa de teatro de Logroño (A Rioxa), con
máis de 25 anos de historia, creada por Martín Nalda e Josué
Lapeña en 1995. Levamos a cabo montaxes de estilos moi
diversos.
Desde entón e ata agora cabe destacar, sobre todo, os nosos
espectáculos “á carta” cos que ofrecemos unha forma de facer
teatro vital, divertida e sutilmente transgresora, e coa que se
aposta por creacións nas que o fundamental é a imaxinación e
a sorpresa. Estas montaxes, de carácter exclusivo, caracterízanse
por adaptarse ás exixencias do cliente (orzamento, tema,
público, espazo e duración).
Os numerosos espectáculos levados a cabo pola nosa compañía
desenvolvéronse ao longo de toda a xeografía española.
https://onedrive.live.com/?qt=allmyphotos&photosData=%2Fshare%2F4800C8C6C2F2B106%21709137%3Fithint%3Dvideo%26e%3DfvqpqI%26migratedtospo%3Dtrue&sw=bypassConfig&cid=4800C8C6C2F2B106&id=4800C8C6C2F2B106%21709137&redeem=aHR0cHM6Ly8xZHJ2Lm1zL3YvcyFBZ2F4OHNMR3lBQklxNlFSYi1SODZGWnMzX1NEWEE%5FZT1mdnFwcUk&v=photos