‘tÁ’ é unha obra de danza-teatro onde o realismo máxico cobra
vida nun bosque no cal se naturaliza o irreal ou estraño como
algo común.
Os seus dous personaxes, peculiares, divertidos e sensibles,
desenvolverán unha relación de amizade baseada no crecemento
emocional a través do xogo.
Ao final do espectáculo, hase convidar as nenas e os nenos a
internarse no bosque dun xeito moi especial… Bailando.
É un espectáculo que utiliza o corpo e as onomatopeas co fin
de poñer en valor non só o que se di, senón o que se transmite.
Premio Nacional de Artes Escénicas para a Infancia e a Xuventude
2024.
Escena Miriñaque realiza xiras anuais con arredor de 80
representacións. Ao longo de 20 anos realizou máis de 30 creacións
de todos os formatos, a nivel nacional e internacional.
Actualmente dispón de 4 espectáculos en repertorio para nenos
e nenas e unha coprodución dirixida a público maior de 16 anos.
Os seus espectáculos representáronse en todas as comunidades
autónomas do noso país e puidéronse ver en 3 continentes e en
lugares como Chile, Arxentina, Paraguai, Uruguai, México, Medio
Oriente e EE.UU.
A compañía mantén un forte compromiso co público familiar,
especialmente coas artes escénicas para a infancia, e foi galardoada
con dous Premios MAX e un Premio FETEN, entre outros.
https://vimeo.com/825760564