Skip to main content

Soñando a Lorca

Ábrego Producciones | Cantabria

Soñando a Lorca

Ábrego Producciones | Cantabria

Por que as nenas e nenos non poden ter a oportunidade de reflexionar
sobre o pasado e soñar cunha sociedade máis igualitaria,
tolerante e libre, onde ninguén poida ser xulgado ou condenado
polas súas ideas?
Unha obra para nenos baseada na vida e obra de Federico García
Lorca. Reivindica o dereito a recordar a historia como unha
ferramenta cultural poderosa que pode axudar a desenvolver
unha comprensión máis profunda da cultura, fomentar valores
imprescindibles e recordar a importancia da liberdade e a xustiza
como elementos transformadores da sociedade.
‘Soñando a Lorca’ pretende poñer en escena os sentimentos,
poemas, cancións e contos escritos polo xenial Federico.
Ábrego Producciones é unha compañía de vocación internacional
radicada nunha localidade pequena de Cantabria. As
súas propostas preséntanse en escenarios de países repartidos
polos cinco continentes.

A compañía nace para dar resposta á necesidade de definir
“o proxecto escénico, persoal e vital” de María Vidal e Pati
Domenech, que levan máis de vinte anos percorrendo escenarios
de todo o mundo, con espectáculos de ética e estética
comprometida, fomentando valores e defendendo causas que
non deixan indiferente a ninguén.
Reflexións sobre a discapacidade, a violencia de xénero, a memoria
colectiva ou en defensa da biodiversidade, son dirixidas
a públicos de todas as idades.


https://vimeo.com/1054563972?share=copy

Tipo: Teatro
  • Público: Todos os públicos
  • Duración: 55’
  • Idioma: Castelán
  • Estreo: 28 de abril de 2024. La Teatrería de Ábrego, Oruña de Piélagos – Cantabria

Contacto:
  • Pati Domenech
  • Tel.: 609 450 267
  • Barrio Arges, 2 39477 Oruña de Piélagos – Cantabria
  • correo-e
  • web


Próximos Eventos