Na zona baixa de Labastida, declarada como conxunto histórico monumental, destaca a praza da Paz e os seus tres fitos: o Palacio Salazar, sede da casa da cultura, o Concello, de estilo barroco, e a impactante Igrexa de Nosa Señora da Asunción. Posúe a maior concentración de casas brasonadas da comarca. Trátase dun dos cascos históricos máis fermosos de Araba.Ademais, a Praza da Paz acolle numerosas propostas culturais durante o período estival como teatro, danza e música. É un do seus espazos culturais de referencia.