O Auditorio Municipal Hernán Naval iniciou o seu funcionamento en 2002. Toma o nome do carismático director da Banda Municipal de Música de Ribadeo falecido en 2001.O auditorio ten un total de 330 asentos. Foi sede dunha serie de eventos anuais desde os seus inicios. Desde os espectáculos aloxados na Rede Galega de Teatros e Auditorios ata os que se contratan fóra desta programación da Xunta de Galicia.