No Auditorio da Casa da Cultura, o departamento prepara e coordina unha intensa e variada programación anual nos eidos da danza, o teatro, a música, congresos, exposicións e conferencias. Trátase do espazo cultural de referencia da localidade, onde os habitantes gozan das artes de maneira colectiva.