Skip to main content

Progreso

Euskadi | Olatz Gorrotxategi

Progreso

Euskadi | Olatz Gorrotxategi

‘Progreso’ é un espectáculo sobre o plástico e a especie humana.
É unha reportaxe gravada a tempo real onde tres documentalistas
interpretan unha colección de obxectos inanimados. É
unha sociedade creada á nosa imaxe e semellanza, aloxada
nunha planta sintética dun set de gravación. É o colapso dun
planeta. É unha sinopse falsa que di algo así: “Bienvenue,
merci, mon ami”. É o comezo ou o final de algo. É unha peza
performativa de teatro documento dirixida a “homo sapiens”
que saiban ler. É un espectáculo que di que o plástico é malo,
pero que a xente é boa.

Licenciada en Performance e diplomada en Artes Escénicas,
Olatz Gorrotxategi é directora de escena, dramaturga, actriz
e docente de artes escénicas, ademais de contar cunha ampla
experiencia na xestión e produción escénica.
O seu traballo está enfocado tanto á produción propia como á
colaboración con outras compañías estatais e vascas.
Entre a súa técnica destaca a investigación na dramaturxia e
novas linguaxes e a súa experiencia no teatro documento.


Tipo: Teatro / Novos linguajes
  • Público: Adulto y Adolescente
  • Duración: 70’
  • Idioma: Castelán – Euskera
  • Estreo: 9 de febreiro de 2025. Azkuna Zentroa, Bilbao (Bizkaia) – Euskadi

Contacto:
  • Dinora Mega
  • Tel.: 690 078 725
  • R/ San Francisco, 75 – 7º Izq. 48003 Bilbao (Bizkaia) – Euskadi
  • correo-e
  • web


Próximos Eventos