Entre 1840 e 1940, máis de 300.000 mozos e mozas emigraron desde Asturias cara a América. En 1880, o 21% eran mulleres; en 1920, o 40%. Cada viaxe individual contribuíu a un cambio global. Somos fillos da emigración. ‘Postales rotas’ retrata este proceso histórico desde a voz dunha muller que se comunica a través de cartas que escribe, que non se len, que se rompen, que non se envían… ‘’Estou nun espazo que é terra de ninguén e pegada de moita xente, onde a palabra liberdade xa non significa máis nada que soidade ou amor e esta sensación á súa vez dá paz, serenidade e tamén algo de final e principio. Non vou deixar de che escribir…’’ RAMÓN OLLER
Zig Zag Danza é unha compañía de referencia en danza contemporánea que crea propostas innovadoras para todos os públicos. As súas propostas recibiron diversos premios e participaron nos festivais e programacións máis relevantes do noso país. O seu traballo, presente en escenarios nacionais e internacionais, aposta pola emoción, a calidade e a accesibilidade, achegando a escena a públicos novos. Dirixida pola coreógrafa Estrella García e con máis dunha vintena de producións e coproducións, a compañía celebra en 2025 os 25 anos de traxectoria ininterrompida. O seu proxecto ‘Postales rotas’ faise co Premio Jovellanos á Produción Escénica 2024, logrando ademais 6 nomeamentos e 4 Premios Oh! das Artes Escénicas 2025, incluíndo o de Mellor Espectáculo.
Tipo: Danza
Público: Todos os públicos
Duración: 55’
Idioma: Sen texto
Estreo: 21 de setembro de 2024. Teatro Jovellanos, Xixón – Principado de Asturias
Contacto:
Estrella García
Tel.: 657 647 753
R/ Severo Ochoa, 91 – Bajo 33210 Gijón – Principado de Asturias