Unha pallasa e moitas maletas.
Unha viaxe imprevista vainos conducir a un lugar onde a espera
deixará de ser algo aburrido para converterse nun momento
de xogo e de imaxinación sen límites.
niMú crea situacións absurdas, improvisadas, envoltas nun ambiente
poético grazas ao acompañamento dun violonchelista en
vivo.
A compañía niMú está formada por Xandra Gutiérrez, equilibrista,
clown e bailarina. Xandra comeza a súa formación
artística na escola de circo El Circ Petit (Barcelona, 2010).
Continúa os estudos na Escola Internacional de Circo e Teatro
CAU (Granada, 2011-2012).
A compañía niMú créase en 2016. Con ela realiza dous espectáculos,
‘Jacuzzi’ e ‘Ni pies ni cabeza’, cos que realiza xiras
internacionais e participa en diversos festivais durante varios
anos.
Trala súa volta a Euskadi, Xandra decide seguir a formación na
escola de teatro físico CEC (2022).
No seu novo espectáculo, ‘Pausa’, Xandra fusiona o clown, a danza
e o xogo co público, acompañada esta vez dun violonchelista
en vivo.
https://vimeo.com/988471335