‘Non pasarán’ desenvólvese nun país/lugar sacudido por unha vaga de incendios provocados por unha organización descoñecida. O lema da cidadanía é claro: “Non pasarán”, unha chamada a non permitir a entrada nos fogares de estraños, que poderían poñer en perigo a súa integridade e a comunidade.
Con todo, Cándido e a súa filla Ana acollen unha parella misteriosa na casa, o que desencadea unha serie de sucesos que transforman a súa vida cotiá. Incapaces de defender os seus propios principios, os personaxes vense atrapados nunha espiral de renuncias e comportamentos que os levarán á destrución, converténdose finalmente en cómplices incendiarios do seu propio fogar.
A nosa ambición é integrar o teatro como unha parte esencial e enriquecedora da vida cotiá.
En Ártika Cía. traballamos para achegar as artes escénicas a todos os públicos, fomentando a aprendizaxe, a reflexión e o compromiso sociocultural a través de propostas de calidade.
Tipo: Teatro
Público: Adulto
Duración: 75’
Idioma: Castelán – Galego
Estrea: 23 de novembro de 2024. Sala Ártika, Vigo (Pontevedra) Galicia
Contacto:
Rocío Salgado
Tel.: 627 165 468
Av. Beiramar, 113 36208 Vigo (Pontevedra) – Galicia